O teu fogar é onde gozas, vives experiencias, descansas e, cada vez máis, tamén teletraballas. Por iso, ti, mellor ca ninguén, sabes como podería ser aínda mellor.
Gustaríache potenciar o teu confort e benestar? Queres reducir o teu consumo de enerxía e que a túa casa sexa máis eficiente?
Entón, déixanos axudarte para que poidas gozar da mellor versión do teu fogar.
RAZÓNS PARA REFORMAR
Hai moitos motivos para rehabilitar a túa vivenda:
ALTO CUSTO DA ENERXÍA
No verán, pagas moito por arrefriar a túa casa e, no inverno, por quentala.
A instalación de luz é antiga e pouco eficiente.
FALTA DE CONFORT
O aire fíltrase polas ventás.
Non podes quentar ou arrefriar a túa vivenda.
SAÚDE
Cres que a túa casa non ten illamento e pasas frío nela.
Tes a sensación de humidade no ambiente.
VALOR DA PROPIEDADE
É difícil de alugar porque necesita cambios.
PROXECTOS DE VIDA
O teu piso está anticuado e o seu estado non é o adecuado para vivir.
INEFICIENCIA ENERXÉTICA
A túa vivenda consume moita enerxía e gustaríache non depender tanto dela.
BENEFICIOS
Estes son os principais beneficios se decides rehabilitar a túa vivenda:
MELLOR SAÚDE
MAIOR EFICIENCIA ENERXÉTICA
RETORNO DA INVERSIÓN
MELLOR CONFORT
MAIOR SOSTENIBILIDADE
MAIOR VALOR DA PROPIEDADE
A rehabilitación contribúe
a mellorar a saúde e a aumentar o confort, a
habitabilidade e a usabilidade
do noso fogar.
Tamén repercute
no noso aforro
ao reducir o gasto enerxético
e incrementar o valor do
inmoble.
EXEMPLO PRÁCTICO
Se reformo a miña vivenda: cales son os gustos e que axudas podo conseguir
LUIS
(PAI SOLTEIRO CUNHA FILLA)
Vivo nunha vivenda da miña propiedade nun edificio de 1970. Pasamos moito frío, xa que as ventás son antigas (corredoiras de aluminio).
Quentar ou arrefriar o noso piso é imposible, sobre todo, os dormitorios, que dan a un patio traseiro moi sombrío. Queremos maior confort e menos gasto enerxético.
Acudín a unha Oficina de Apoio á Rehabilitación do Colexio de Arquitectos (OAR) da miña cidade para pedir axuda. Ao final, contratei a unha arquitecta: Belén.
Despois de visitar a miña casa, tomar medidas e analizar a súa eficiencia enerxética, e tendo en conta as nosas posibilidades económicas, Belén recoméndame cambiar todas as ventás da casa e illar polo interior as paredes que dan ao patio traseiro.
Grazas a isto, a arquitecta díxome que mellorará a eficiencia enerxética do meu fogar e diminuirei o consumo un 32 %. E que así poderei solicitar as axudas do programa 4 de vivendas e acceder a deducións fiscais:
O máis sinxelo é contactar cun arquitecto ou unha arquitecta para que te asesore e che ofreza a axuda e la información precisa que necesitas para rehabilitar a túa vivenda.
Grazas a que coñece como ninguén como se deseña e se constrúe un edificio, o arquitecto axudarate a realizar o diagnóstico detallado dos aspectos que podes mellorar e os susceptibles de ser subvencionados.
Ademais, informarate das axudas públicas dispoñibles, de como acceder a elas e das deducións que podes obter.
A mellor forma de asesorarte é a través da Oficina de Apoio á Rehabilitación do Colexio de Arquitectos da túa cidade. Alí informarante das axudas e os procedementos existentes.
O teu arquitecto ou arquitecta de confianza implicarase en todo o proceso
de rehabilitación e acompañarate desde o minuto un.
Aforra crebacabezas. Cun só profesional xestionarás a túa reforma de maneira integral