Unha vez realizado ese estudo previo, pódese actuar por fases. En primeiro lugar, o máis efectivo é reducir a necesidade de calefacción e refrixeración para ter o interior das casas a unha temperatura adecuada. Para iso, resulta clave empezar por illar a fachada, se é posible, por fóra, e mellorar as ventás. Desta forma, apórtase maior confort, diminuíndo o consumo enerxético.
Unha vez realizado o illamento, é o momento de mellorar a eficiencia das instalacións, modernizando os aparellos e o seu funcionamento e instalando enerxías renovables, como placas solares, aerotermia, etc.