CSCAE – LA MEJOR VERSIÓN

AXUDAS

Levas tempo atrasando a hora de reformar a túa vivenda ou o teu edificio? Queres aproveitar as axudas e deducións actualmente dispoñibles?
Agora é o momento. Actúa xa.
Se rehabilitas, mellorarás a calidade de vida que che ofrece a túa vivenda ou edificio.
Nunca antes houbo tantas axudas públicas, nin as condiciones da fiscalidade foron tan favorables.
A continuación, contámosche as subvencións e axudas que podes ter para rehabilitar a túa vivenda e o teu edificio.

SUBVENCIÓNS

Hai subvencións para obras na túa vivenda e no teu edificio. Se cumpres cun mínimo de mellora de eficiencia enerxética, podes ter axudas para obras:

NA TÚA VIVENDA

Tes axudas para obras de mellora de eficiencia enerxética: cambios de ventás, illamentos, instalación de renovables, autoconsumo…

NO TEU EDIFICIO

tes axudas para todo tipo de obras, sempre que consigas diminuír o teu consumo enerxético (medido mediante Certificado de Eficiencia Enerxética) nun 30 %: reparación de estrutura, illamento, instalación de ascensor, humidades…
Es axudas no só cobren os custos das obras, tamén os custos de informes, proxecto, xestión de axudas e incluso o IVE, se no podes desgravalo.
Coñece todas as axudas dispoñibles actualmente
Fai clic aquí

BENEFICIOS FISCAIS

Nas reformas en vivendas e edificios…
… Non tes que tributar na declaración da renda polas axudas recibidas.
… Tes dereito a deducións na declaración da renda (IRPF) por cantidades invertidas en rehabilitación enerxética.
… O tipo reducido aplícase a todo tipo de obras de renovación e reparación.
… Todos os incentivos tamén poden aplicarse ás vivendas en aluguer.
Nas comunidades de veciños, cada inquilino pode desgravar parte do custo da reforma segundo a súa cota de participación na comunidade
As obras para rehabilitación de edificios ou vivendas tributan ao 10% de IVE.
As axudas públicas para rehabilitación de vivendas procedentes dos Fondos Next Generation están exentas de tributar na declaración da renda.
Ademais, poderás deducir a parte dos gastos que non é subvencionada.
Dedución do 20% (máximo 1000 €) dos teus pagos se coas obras reduces a demanda ou necesidade de calefacción e refrixeración da túa vivenda en, polo menos, un 7% (se la illas, por exemplo).

DEDUCIÓN DO 40%

(máximo 3000 €) dos teus pagos se coas obras reduces o consumo de enerxía a túa vivenda en, polo menos, un 30% ou a melloras a clase A ou B no Certificado de Eficiencia Enerxética.

DEDUCIÓN DO 60%

(máximo 9000 €) dos teus pagos se coas obras reduces o consumo de enerxía do teu edificio en, polo menos, un 30% ou a melloras a clase A ou B.
Para xustificar as melloras enerxéticas, un arquitecto terá que elaborar un Certificado de Eficiencia Enerxética.

PASOS QUE SEGUIR​

Primeiro, busca un arquitecto/a para que te axude durante todo o proceso de mellora da eficiencia enerxética, a habitabilidade, a accesibilidade e a conservación do teu espazo de vida.
Por que? Porque te informará dos pasos que hai que seguir. E, ademais de axudarte a tomar as mellores decisións para a túa saúde e a túa economía, acompañarate durante toda a obra e a solicitude de axudas, facéndoche todo o proceso máis fácil.
Onde atopo un arquitecto ou arquitecta? Contacta coa Oficina de Apoio á Rehabilitación do teu Colexio de Arquitectos máis próximo.

NON ESQUEZAS QUE…

Para conseguir axudas sempre tes que mellorar a eficiencia enerxética da túa vivenda ou do teu edificio. O teu arquitecto/a asesoraravos respecto ás obras necesarias para poder solicitar axudas.
Canta maior é a mellora da eficiencia enerxética, maior é a axuda.
Para xustificar as melloras enerxéticas, un arquitecto/a redactará o Certificado de Eficiencia Enerxética.
Para acceder ás axudas públicas e deducións, tes que realizar os pagos con tarxeta de crédito/débito, transferencia bancaria, cheque nominativo ou ingreso en contas en entidades de crédito.
Para poder deducir no IRPF os gastos en obras de eficiencia enerxética, necesitas ter rexistrados os certificados de eficiencia enerxética antes e despois da realización das obras.
Todas as dúbidas que che vaian xurdindo resolverachas o arquitecto/a que contrates.