A vivenda é un dos espazos máis importantes da nosa vida e unha peza fundamental no noso benestar. É o lugar no que pasamos máis tempo: no que residimos, o que compartimos con familiares e amigos e, en moitas ocasións, no que traballamos.
Proporciónanos confort, habitabilidade, saúde, seguridade e constitúe o escenario propicio para o noso desenvolvemento persoal, social e económico. Por iso, coidándoa e manténdoa nas mellores condicións posibles, estamos a coidar do que máis nos importa.